Cable inglés e exposición artística

   Cable inglés e exposición artística


Fai unhas semanas fun de excursión co meu colexio. Visitamos o cable inglés e despois acudimos a unha exposición artistica.

Cable inglés
O cable inglés encóntrase al lado do centro comercial A Laxe. Pertencía a unha empresa británica que a través do cable submarino comunicou o Reino Unido coas súas colonias e despois con todo o mundo.
 Foto 
Exposición artística
Acudimos a unha exposición chamada "Latexos" onde fixemos dúas actividades. Primeiro creamos unha pequena pancarta que consistía en elixir un tema e recortar palabras, imaxes, etc. 
Estes recortes os tiñamos que buscar en periódicos e cómo xa dixe antes tiñan que estar relacionado co tema previamente elixido.
O noso tema era o amor. Escollimos este porque estábamos en época de Navidade e polo tanto o relacionamos co amor.

Unha vez que terminamos esta pequena pancarta fumos mirar a exposición.
Esta trataba sobre a historia do arte, mostrando as distintas técnicas (escultura, pintura, ...) e o cambio das formas de traballar estas técnicas ó longo dos anos, ademais do papel como protagonista da muller. 
Nesta parte da exposición dividímonos en grupos e por zonas, para responder unha serie de preguntas que nos plantexaron.

Opinión
Ambas as dúas actividades estiveron moi entretidas. Grazas a unha de elas aprendes cousas novas sobre a historia da túa cidade e a importancia que tivo. A outra tamén estivo moi ben porque fixemos actividades distintas das habituais. 

Comentarios

Entradas populares